
DÉPOR ABANCA · 13 AGOSTO 2026
O DÉPOR ABANCA, XUSTO VENCEDOR ANTE O FC PORTO NA 14ª EDICIÓN DO TROFEO TERESA HERRERA DESPOIS DE "RESPONDER MOI BEN"
O Dépor ABANCA superou por 2-0 ao FC Porto da Primera División portuguesa na 14ª edición feminina do Trofeo Teresa Herrera.O encontro, disputado en ABANCA-RIAZOR, puido seguirse en directo no canal de YouTube do RC Deportivo.Decidiron o Trofeo Teresa Herrera o gol de Millene, que suma xa 4 nesta pretemporada, ao bordo do descanso; e o de Eva Dios na recta final.Precisamente a dianteira brasileira, nomeada xogadora do partido, cre que o equipo "respondeu moi ben".O conxunto branquiazul suma actualmente 6 Trofeos Teresa Herrera, aos que se engade o conquistado polo Deportivo ABANCA B en 2020.O duelo ante o FC Porto era ademais o terceiro compromiso de preparación de As Nosas nesta pretemporada. O equipo chegaba á cita tras imporse con contundencia ao Sporting de Gijón (9-0) no Trofeo Emma Cuervo, despois de iniciar o seu calendario de amigables cun empate sen goles ante o Athletic Club en Luanco.Alberto Rodríguez non puido contar con Marisa e Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20, nin con Merle Barth, que segue un plan de control de cargas.Pola súa banda, Carmen, Carla Castiñeyras, Laura Ruiz e Karla foron as representantes de ANOSACANTEIRA.Saíu o Dépor ABANCA disposto a amarrar o torneo desde o asubío inicial.Pronto arrancou a avalancha de ocasións blanquiazuis.Aos 12 minutos, Vega dispara duro pero lixeiramente desviado.Ao cuarto de hora, Millene, aínda que algo escorada, queda soa diante de Babi, que saca como pode a córner un remate que se coaba na portaría.De novo a dianteira brasileira recolle un balón solto que tamén se marcha fóra por pouco, rozando a escuadra dereita.Aos 21 minutos, Millene plántase ante Babi pero non afina o seu remate.As Nosas monopolizaban o ataque. Adriana Ranera, no 25, chuta a queimarroupa un balón morto ao bordo da área pequena.Ao minuto seguinte, Espe Pizarro márchase con clase pola liña de fondo e o seu pase atrás remátao Olaya tamén rozando o pau esquerdo da meta do FC Porto.As portuguesas apenas se achegaron á meta de Tarazona.Espe Pizarro tamén probou fortuna no 37 desde fóra da área. Babi logrou atallar en dúas tempos.Millene, quen se non?, abriu a lata no desconto da primeira metade ao cabecear á rede un centro milimétrico de Olaya desde a banda dereita.Co 1-0, curto a tenor dos merecementos dunhas e doutras, rematou o primeiro tempo.Tras o paso polos vestiarios, o encontro seguiu pola mesma tónica.Alberto Rodríguez deu entrada xa de inicio a Lucía Pardo e Lucía Rivas e As Nosas seguiron sendo as donas do xogo.Sen pasar apuros a pesar do 1-0, e xa despois do lóxico carrusel de cambios habitual na pretempada, Eva Dios no minuto 87 puxo o máis que xusto 2-0 ao rematar á rede un balón sen dona na área do FC Porto."Competimos, apertamos e conseguímolo", resumiu Millene.Deportivo ABANCA: Tarazona, Caracas (Domínguez, min. 61), Ranera (Paula Novo, min. 61), Elena (Carla Castiñeyras, min. 78), Vega (Monteagudo, min. 61), Eva Alonso (Redru, min. 61), Paula Hernández (Lucía Pardo, min. 46), Olaya (Eva Dios, min. 78), Michi Apóstol (Lucía Rivas, min. 46), Espe Pizarro (Laura Ruiz, min. 78) e Millene (Karla, min. 78)FC Porto: Babi (Brendle, min. 46), María Inês (Angeline da Costa, min. 46), Queirós, Mariana Azevedo, Vania Duarte, Turner, Morgan (Ana Teles, min. 83), Leticia, Bryant, María (Rosa Fontes, min. 67) e Lara Perruca (Sissé, min. 67)Árbitra: María Eugenia Gil Soriano, do comité galego. Amonestou a Vega (min. 56)Goles: 1-0 Millene (min. 45+1); 2-0 Eva Dios (min. 87)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.474 espectadores


O Alevín A e o Benxamín A, campións do Mini Teresa Herrera

Visita ao Real Madrid este domingo 16 de agosto noutro esixen...

Antonio Hidalgo, técnico do Dépor ata 2028

Traballo este xoves 13 de recuperación e pospartido para o Dé...

Miguel Loureiro: "Nestes partidos de pretemporada o important...

Abertas desde as 15:00 as billeteiras do Palacio dos Deportes...