
CANTERA · 7 DECEMBRO 2025
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO 7 CON DERROTAS DO ORZÁN SD SUB-21 E ORZÁN SD XUVENIL
Este domingo 7 de decembro xogáronse 2 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.O Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) caeu en Narón ante a SD O Val (2-1) mentres que o Orzán SD Xuvenil na Torre (1-2) fronte ao Sporting Cambre.Destacou esta fin de semana o partido do Dépor ABANCA B no campo Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga.Foi titular nas Nosas Antía Veiga, que acaba de participar coa selección española sub-17 na Rolda 1 do Campionato de Europa de Portugal.Sandro Nogueira puido contar ademais coas 4 futbolistas citadas por Fran Alonso para o partido do primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF e que non chegaron a saltar ao céspede: Carmen Carballada, Michi Apóstol, Lucía Rivas e Sonsoles. As 3 primeiras saíron de inicio co filial.O encontro, disputado onte sábado 6 de decembro, acabou en empate sen goles.Con este resultado, As Nosas son oitavas na clasificación da Segunda Federación con 14 puntos.Ademais deste partido, o Orzán SD Infantil B non puido na Torre (0-7) co líder do grupo 2º da Liga Galega, o Victoria FC.Tivo descanso o Orzán SD Infantil A en o grupo 1º da Liga Galega.O partido do grupo 1º da Liga Galega entre o Orzán SD Cadete e o Sporting Burgo, o pasado venres 5 de decembro no campo da Lavandeira de Culleredo, abriu o calendario de partidos.As orzanistas venceron por 11-0 e suman 22 puntos na 2ª posición da táboa, a 2 puntos do Victoria CF, líder do grupo.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación12ª xornada: ATLÉTICO VILLALONGA FF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0Tercera Federación10ª xornada: SD O VAL 2 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Claudia Sande)Primera Autonómica11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán) - SPORTING CAMBRE 2Liga Galega cadete9ª xornada: ORZÁN SD CADETE 11 (Lorena Anastase, Carmen Couto -2-, Carolina Lago, Alba García -3-, Daniela Barbanzán -2-, Lola Freire e Antía Losada) - SPORTING BURGO 0Liga Galega infantil9ª xornada, grupo 2º: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - VICTORIA FC 7

Leo Román, na súa presentación: "Buscaba un proxecto sólido, ...

Primeiro amigable de preparación este sábado 18 de xullo no E...

Adriana Ranera, nova xogadora do Dépor ABANCA

Antonio Hidalgo aumenta a carga táctica na preparación do Dép...

A Oficina de Atención ao Deportivista amplía o seu horario du...

El Fabril xa se adestra no campo 4 do Dépor Training Center