
CANTERA · 20 ABRIL 2025
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON TRIUNFO HOXE DOMINGO DO ORZÁN SD SUB-21 EN COPA E DO ORZÁN SD CADETE NA COPA 'MÁIS ENERXÍA' EN VIGO
Dous partidos de competición oficial xogáronse en ANOSACANTEIRA feminina esta semana Santa.Hoxe domingo 20 de abril o Orzán SD Sub-21 superou por 0-4 ao Eirís nos oitavos de final da Copa da Coruña.O seu seguinte rival, en cuartos de final, será o SCD Pastoriza.Onte sábado 19, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, goleou por 11-0 ao Real Oviedo B.As branquiazuis, a falta de 2 partidos, avantaxan en 1 punto ao Olímpico de León á fronte da táboa.Finalmente o Orzán SD Cadete, que acabou o grupo 1º da Liga Galega na 1ª posición con 57 puntos, disputou aproveitando a Semana Santa o Torneo Copa 'Máis Enerxía' no campo da Madroa en Vigo.As orzanistas foron brillantes campioas ao derrotar ao RC Celta na gran final por 1-2.Non puideron xogar cos seus equipos Antía Veiga e Claudia Sande, concentradas coa selección española sub-16 para dous amigables ante Estados Unidos en Alicante.Os resultados foron os seguintes:Tercera Federación28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 11 (Laura Otero -2-, Michi Apóstol -5-, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Ruiz e Dunia Dahmouni) - REAL OVIEDO B 0Copa da CoruñaOitavos de final: EIRÍS SD 0 (Emma Gandoy, Dunia Dahmouni -2- e Ivana Fernández) - ORZÁN SD SUB-21 4Categoría cadeteCopa 'Máis Enerxía', na Madroa (Vigo)Domingo 20 de abrilPrimera FaseORZÁN SD CADETE 1 (Marta Moreno) - JUVENTUD CAMBADOS 0ORZÁN SD CADETE 4 (Marta Moreno, Daniela Macedo, Martina Santamarina e Carla Álvarez) - CALDAS FC 0SemifinaisORZÁN SD CADETE 1 (Carmen Couto) - VICTORIA CF 1. A penaltis: 7-6FinalRC CELTA 1 - ORZÁN SD CADETE 2 (Daniela Macedo -2-)

Antonio Hidalgo avisa do "sufrimento que imos ter de aquí ao ...

O Dépor afina a puntería de cara ao choque deste domingo 17 d...

Abertas as inscricións nas 19 sedes do Dépor Campus Cabreiroá...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con torneo para o Dépor...

O Dépor ABANCA concluirá a temporada 2025-26 o domingo 31 de ...

A lotería dos penaltis tumba a Antía Veiga e a España na semi...