
DÉPOR · 16 ABRIL 2026
RIKI RECEITA NESTE TRAMO FINAL "IR SEMANA A SEMANA. DISE O DE PARTIDO A PARTIDO PERO EU LEVARÍAO A ADESTRAMENTO A ADESTRAMENTO"
Riki subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que estas últimas 7 xornadas de LaLiga Hypermotion afróntanse "mirando máis ao curto prazo que a futuro. O que hai que facer é ir semana a semana. Dise o de partido a partido pero eu levaríao a adestramento a adestramento. Non mirar máis aló, ir tendo boas sensacións todos os días, e afrontalo coa naturalidade e tranquilidade que leva; sabendo que cada semana que pasa é máis relevante e ten máis importancia".O futbolista asturiano opina que "de aquí até o final vai estar todo moi apertado. Fai 2 ou 3 semanas o Racing estaba a 7 puntos máis o golaverage e parecía que o tiña bastante encarrilado e logo 2 semanas despois se perdía o outro día podiamos mesmo adiantalos".Por conseguinte insiste en "non mirar máis aló, ir semana a semana, ser conscientes que cada partido ten moita importancia e máis a estas alturas, e ir levándoo coa naturalidade co que o estamos levando".Cre que o choque deste luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés "vai ser moi complicado. Son xente moi nova, de moita calidade, con algúns cedidos que deica pouco estarán en Primera División. Á parte están nunha situación bastante límite, polo que practicamente só válelles gañar".Espera de Os Nosos "estar ao nivel, saír conectados. A ver se pronto se nos pon o partido de cara".Fixado un luns o encontro, Riki cre non obstante que "tampouco hai que dicirlle nada a ANOSAFORZA, que está claro que está connosco. E máis a estas alturas de temporada. Xa o demostraron no partido entre semana, ante o Córdoba CF. Non teño ningunha dúbida que van estar connosco. Esperamos conseguir os 3 puntos e que sexa un bo día para todos".Finalmente, Riki resta importancia a que o partido ante o CD Mirandés sexa o último da xornada: "Nunca sabes que é o mellor porque moitas veces che saen resultados de cara que se ganas favorécenche. E logo non es capaz de gañar ou che pos máis ansioso. Ao final todo pasa porque nós gañemos, porque esteamos ben, porque levemos a cabo o plan de partido e porque sumemos os 3 puntos".

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...