
DÉPOR ABANCA · 20 XULLO 2026
RIVAL DE POSTÍN PARA O DÉPOR ABANCA, O DOMINGO 16 DE AGOSTO ANTE O REAL MADRID CF
O Dépor ABANCA xa ten unha nova cita marcada no seu calendario de preparación. O conxunto branquiazul enfrontarase ao Real Madrid CF, vixente subcampión da Liga F, nun esixente encontro amigable que se disputará o domingo 16 de agosto, ás 20:00 horas, na Ciudad Real Madrid.O partido suporá unha excelente proba para o equipo deportivista no seu camiño cara ao inicio da tempada oficial. Medirse a un dos conxuntos máis potentes do fútbol español permitirá a As Nosas seguir medrando competitivamente e continuar afinando a súa preparación ante un rival do máximo nivel.Este compromiso súmase ao calendario de pretemporada do Dépor ABANCA, que continúa traballando para chegar nas mellores condicións ao arranque da nova campaña.O enfrontamento ante o Real Madrid ofrecerá, ademais, unha nova oportunidade para seguir consolidando o proxecto branquiazul e medir as sensacións do equipo fronte a un dos grandes referentes do fútbol feminino estatal.Así pois, o calendario de partidos do Dépor ABANCA xa confirmados é o seguinte:Deportivo ABANCA - Sporting de Gijón, o venres 7 de agosto ás 19:00 no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo (Trofeo Emma Cuervo)Deportivo ABANCA - FC Porto, o xoves 13 de agosto ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)Real Madrid CF - Deportivo ABANCA, o domingo 16 de agosto ás 20:00 horas na Ciudad Real Madrid

O Dépor Training Center, Zas, Cuntis e o colexio Santa María ...

Elsa Ayats, nova xogadora do Dépor ABANCA B

Aubameyang xa se adestra no Dépor Training Center ás órdenes ...

Terceira semana de pretemporada para o Dépor desde este luns ...

Antía Mayo, nova xogadora do RC Deportivo

O Dépor ABANCA encara desde este luns 20 de xullo a súa segun...