
DÉPOR · 20 XULLO 2026
AUBAMEYANG XA SE ADESTRA NO DÉPOR TRAINING CENTER ÁS ÓRDENES DE ANTONIO HIDALGO
O Dépor iniciou este luns 20 de xullo a terceira semana da pretemporada cunha das imaxes máis agardadas polo deportivismo: Pierre-Emerick Aubameyang adestrouse por primeira vez xunto cos seus novos compañeiros no Dépor Training Center.O dianteiro branquiazul foi a principal novidade da sesión dirixida por Antonio Hidalgo, participando con normalidade no traballo do grupo e dando un novo paso na súa integración dentro do vestiario.Aubameyang chegou a A Coruña o pasado sábado ao mediodía, onde recibiu o agarimo de numerosos afeccionados á súa chegada ao aeroporto. Horas despois, o internacional gabonés asistiu desde o palco ao primeiro compromiso de pretemporada do Dépor fronte á SD Compostela, comezando así a vivir de preto o día a día do seu novo equipo.Con esta primeira sesión de traballo, o dianteiro inicia oficialmente a súa preparación co conxunto branquiazul, nunha semana na que o equipo continuará avanzando na súa posta a punto de cara ao inicio da temporada 2026-27.

O corpo técnico dispuxo unha activación con rondos, unha tarefa táctica, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.Yeremay, Mella e Loureiro están con adestramento personalizado; mentres que Bil, Noé, Samu, Kevin Sánchez e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este martes 21 de xullo Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...




