RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Semana grande para o Dépor ABANCA, co Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR este sábado 9

DÉPOR ABANCA · 4 AGOSTO 2025

SEMANA GRANDE PARA O DÉPOR ABANCA, CO TROFEO TERESA HERRERA EN ABANCA-RIAZOR ESTE SÁBADO 9

O Dépor ABANCA encara a súa semana grande da pretemporada, con dúas citas contra equipos de primeira liña de Portugal.Este mércores 6 ás 12:30 (hora galega) As Nosas mídense ao Sporting CP nun encontro a porta pechada na localidade portuguesa de Lordelo; e o sábado 9 reciben en ABANCA-RIAZOR ao SC Braga coa 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera en xogo."O equipo cada día está mellor", manifestou Bárbara Latorre finalizado o amigable do pasado sábado en Llanes ante o Athletic Club.Ademais dos dous partidos, Fran Alonso disporá desde este martes 5 de agosto de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo até o domingo 10 incluído.Así pois, a planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 5 de agosto10:30Mércores 6 de agosto12:30 (hora galega, 11:30 hora local): Sporting CP - Deportivo ABANCA, no Estadio Cidade de Lordelo en LordeloXoves 7 de agostoDescansoVenres 8 de agosto10:30Sábado 9 de agosto17:00 (13ª edición do Trofeo Teresa Herrera): Deportivo ABANCA - SC Braga, en ABANCA-RIAZORDomingo 10 de agosto10:30