RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Stoichkov xa se adestrou esta mañá co Dépor

DÉPOR · 30 AGOSTO 2025

STOICHKOV XA SE ADESTROU ESTA MAÑÁ CO DÉPOR

Stoichkov, cuxa incorporación se concretou este venres 29 de agosto, adestrouse xa esta mañá no campo 2 de Abegondo co Deportivo.O novo atacante deportivista completou con normalidade cos seus novos compañeiros a penúltima sesión de traballo da semana.

Após pasar pola sala de vídeo, Antonio Hidalgo dispuxo unha activación con futvóley, un partido a tres cuartas partes de campo e un ensaio de accións a balón parado.Está con traballo personalizado Jose Ángel mentres que continúa co primeiro equipo o fabrilista Mane, ademais de Samu.Este domingo 31 de agosto Os Nosos adiantan medio hora o inicio do adestramento. Será ás 10:00 en lugar da as 10:30 porque ao concluír, o equipo parte en autocar a Alcorcón, cuartel xeral do equipo deportivista para o encontro deste luns 1 de setembro ás 21:30 en Butarque ante o CD Leganés.