RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Traballo táctico de Os Nosos, que queren "remar todos na mesma dirección"

DÉPOR · 8 ABRIL 2026

TRABALLO TÁCTICO DE OS NOSOS, QUE QUEREN "REMAR TODOS NA MESMA DIRECCIÓN"

O Dépor completou esta mañá unha nova sesión no Dépor Training Center co obxectivo de "seguir a mesma liña" este domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en El Alcoraz ante a SD Huesca do partido da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF, segundo apuntou Luismi Cruz na sala de prensa.O atacante gaditano insiste neste momento da temporada en "remar todos na mesma dirección".O corpo técnico dispuxo, após unha activación, un exercicio de posición, unha tarefa táctica e fútbol reducido para concluír.

Luismi desvelou que do partido ante os malagueños "analizamos o que fixemos ben e o que fixemos mal. Sempre hai cousas que mellorar e tamén moitas cousas que fixemos ben".David Mella é o único futbolista con adestramento personalizado.Álex Marqués, Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 9 de abril Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 no Dépor Training Center.