
CANTERA · 12 NOVEMBRO 2025
TRIUNFO DO ORZÁN SD INFANTIL A SOBRE O SPORTING BURGO NUNHA SEMANA CON VISITA EN ANOSACANTEIRA FEMININA DO ATHLETIC CLUB B AO DÉPOR ABANCA B
O Orzán SD Infantil A impúxose (0-11) ao Sporting Burgo en partido correspondente á xornada da pasada fin de semana do grupo 1º da Liga Galega.Con este resultado, as orzanistas lideran o grupo con 16 puntos por 13 do Racing de Ferrol.A semana vén marcada pola visita do Athletic B ao Dépor ABANCA B este domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias.As Nosas marchan en 6ª posición con 13 puntos por 22 das biscaíñas, segundas.O vestiario deportivista celebra ademais a citación de Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 a próxima semana.O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.Completan a xornada do domingo 16 o partido do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF (12:00 no campo Víctor Fernández Alonso) e o do Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Burgo (12:30 na Torre).Antes, o sábado 16 o Orzán SD Cadete mídese en Narón á SD O Val (10:00), do mesmo xeito que o Orzán SD Infantil A pero na Torre (17:30), e o Orzán SD Infantil B ao Santa Cruz CF (16:00 na Torre).O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATHLETIC CLUB B, o domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación: ... 2. Athletic Club B, 22 puntos... 5. Sporting de Gijón, 14 puntos; 6. Deportivo ABANCA B, 13 puntos; 7. Madrid CFF B e Burgos CF, 11 puntos...Tercera Federación8ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 16 de novembro ás 12:30 no campo Víctor Fernández AlonsoClasificación: ... 5. Victoria CF e Tomiño FC Femenino, 12 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 11 puntos; 8. Lóstrego CF, 8 puntos...Primera Autonómica9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING BURGO, o domingo 16 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 2)Clasificación: ... 10. Sporting Burgo e SR Calo, 7 puntos; 12. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 13. Sporting Cambre e UD Carral, 4 puntos...Liga Galega cadete7ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD CADETE, o sábado 15 de novembro ás 10:00 en O Sinde B (O Val, Narón)Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 16 puntos; 2. Victoria CF, 15 puntos... 12. SD O Val, 0 puntos...Liga Galega infantilGrupo 1º, 6ª xornada: SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 11 (Inés Neira, Lucía Mosquera, Vera Melki -3-, Zoe Mahía -2-, Daniela Arrojo, María López-Perales -2- e Elba Agrafojo)Grupo 1º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL - SD O VAL, o sábado 15 de novembro ás 17:30 na Torre (campo 3)Clasificación: 1. Orzán SD Infantil, 16 puntos; 2. Racing de Ferrol (un partido menos), 13 puntos... 5. SD O Val (un partido menos), 7 puntos...Grupo 2º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SANTA CRUZ CF, o sábado 15 de novembro ás 16:00 naTorre (campo 3)Clasificación: ... 4. Victoria FC e SCD Pastoriza, 12 puntos; 6. Orzán SD Infantil B, 9 puntos; 7. AD Cristo Rey, 7 puntos...

Antonio Hidalgo advirte que "temos que mellorar moitas cousas...

Os Nosos regresan este martes 25 de agosto directos a traball...

O Dépor suma en La Rosaleda ante o Málaga CF un punto que "fa...

Mauro Valeiro mídese este martes 25 de agosto coa selección e...

José Vicente Fernández deixa de formar parte do Consello de A...

Calendario de amigables da semana en ANOSACANTEIRA, con cita ...