
DÉPOR · 29 ABRIL 2025
UNHAS 300 PERSOAS VIBRARON CO DÉPOR NA HERMANDAD GALLEGA DE CARACAS NO ACTO CENTRAL DA XIRA 'DÉ X VENEZUELA'
O RC Deportivo acaba de protagonizar unha nova e ambiciosa xira promocional, 'DÉ x Venezuela', após a levada a cabo recentemente en Brasil.A expedición deportivista estivo encabezada pola vicepresidenta Michelle Clemente e o responsable da área internacional Alejandro Vidal.Un dos actos subliñados en vermello tivo lugar o pasado domingo 27 de abril cunha festa na Hermandad Gallega de Caracas, coincidindo coa retransmisión do partido do Dépor en El Sardinero ante o Real Racing Club. Este evento contou coa colaboración de LaLiga.Case 300 persoas vibraron co partido a pesar de que ao final non se logrou sumar ningún punto.Houbo tamén sorteo de merchandising do Club e partidos amigables sub-13 e sub-15.O acto contou ademais coa presenza do ex deportivista Miku, que non quixo perderse o evento.O pasado venres 25 de abril desenvolveuse un acto coa Cruz Vermella de Venezuela polo que o Club doou 60 balóns destinados aos seus proxectos locais cos colexios de Caracas.O xoves 24 de abril o RC Deportivo foi recibido na Embaixada de España a cargo do Excmo Sr. Álvaro Albacete Perea.A Xira 'DÉ x Venezuela' arrincou o pasado martes 22 de abril coa visita ao Caracas FC, un dos grandes clubs de Venezuela. Exerceu de anfitrión Miguel Mea Vitali, Director Deportivo.O longo día concluíu cunha serie de reunións na sede da Federación Venezolana de Fútbol co secretario xeral, David Quintanilla.O RC Deportivo estreitou así os lazos cun dos países americanos con maior comunidade galega, ademais de ser unha importante potencia futbolística tanto a nivel masculino como feminino, como o demostran as xogadoras venezolanas que militan (caso de Michi Apóstol) ou militaron no Dépor ABANCA (Oriana Altuve, Gaby, Michelle Romero, Kika...).


Antía Veiga xógase este luns 11 de maio ante Polonia o pase á...

Fran Alonso: "É un orgullo que as xogadoras representen así o...

Resultados deste sábado 9 en ANOSACANTEIRA feminina e calenda...

Resultados deste sábado 9 de maio en ANOSACANTEIRA e calendar...

As Nosas adéstranse de novo o martes 12 de maio ás 10:45 no D...

O Dépor ABANCA logra en Lezama ante o Athletic Club "unha mer...