
FUNDACIÓN · 28 FEBREIRO 2025
VERA MARTÍNEZ, PAULA NOVO E LUCÍA MARTÍNEZ PECHARON EN SADA E ALVEDRO UNHA EMOCIONANTE SEMANA NA ESCOLA RC DEPORTIVO
Emocionante semana para as Escolas RC Deportivo coas visitas de varias futbolistas do Deportivo ABANCA ao longo destes días.Hoxe venres houbo actividade na sede de Sada, situada no campo das Mariñas; e na de Alvedro.Así, Vera Martínez foi a protagonista cos 60 nenos e nenas sadenses inscritos.En Sada están en funcionamento catro quendas: mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15 e 17:15. Hai prazas libres os mércores.Pola súa banda, Paula Novo pasou un intre divertido cos alumnos e alumnas de Alvedro da quenda das 17:30 e Lucía Martínez, cos das 19:30.En total foron uns 70 nenos e nenas os que gozaron da presenza das dúas futbolistas branquiazuis.

Nesta sede de Alvedro hai prazas libres os luns (16:30 e 18:30), mércores (16:30 e 17:30) e venres (16:30 e 19:30).Máis información en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].As xogadoras contestaron as preguntas e curiosidades dos nenos e nenas; e asinaron postais, camisetas... ademais de fotografarse con todos eles.A Escola RC Deportivo atópase no segundo trimestre para 400 nenos e nenas repartidos nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas, Colexio Internacional Eirís, Sada e Zas.Esta escola de fútbol, que vai de outubro a maio, está dirixida a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.


O Dépor mídese en ABANCA-RIAZOR ao RCD Espanyol o mércores 27...

O Dépor, "adestrando ben despois dunha vitoria importante", e...

Noé Carrillo renova polo RC Deportivo ata 2029.

Tres adestramentos para o Dépor ABANCA antes da visita ao Ath...

Novo obradoiro de formación do proxecto 'One Team no Limits'

Antía Veiga arrinca este martes 5 de maio ante Finlandia o Ca...