
CANTERA · 4 AGOSTO 2025
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO DÉPOR ABANCA PARA NENAS NADAS ENTRE 2013 E 2020 PORQUE 'SOÑAR EN BRANQUIAZUL EMPEZA AQUÍ'
O Dépor ABANCA, a través do convenio de filialidad co Orzán SD, organiza unhas xornadas de portas abertas para nenas nadas entre 2013 e 2020, con e sen experiencia previa en fútbol.Baixo a lema 'Soñar en branquiazul empeza aquí' o conxunto deportivista quere achegar o fútbol ás máis pequenas cunhas xornadas de deporte, compañeirismo e paixón polo balón.De igual forma, preténdese que as familias coñezan o proxecto formativo do Deportivo ABANCA, sempre comprometido co desenvolvemento integral de nenas futbolistas desde as súas primeiras etapas.Estas xornadas serán sempre de tarde na Cidade Deportiva, con adestramentos adaptados a cada franxa de idade. Serán impartidos por técnicos do Club; nun ambiente seguro, inclusivo e motivador.O obxectivo é que as nenas aprendan, disfruten e descubran o que significa formar parte dunha canteira que aposta forte polo talento feminino desde a base.A participación é totalmente gratuíta, aínda que é necesario cubrir un formulario que se obtén picando aquí.Anímate, trae as túas botas e as túas ganas de pasalo ben!O Dépor ABANCA espérate cos brazos abertos.

Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...