
DÉPOR · 9 FEBREIRO 2025
YEREMAY HERNÁNDEZ CONSIDERA QUE O DÉPOR ESTÁ "NUN MOMENTO DE CONFIANZA" E MARIO SORIANO ENTENDE QUE "FOI UN PARTIDO MOI COMPLETO"
Yeremay Hernández e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR tras o enfrontamento ante a UD Almería.O talentoso canteirán, feliz polo gol, asegura que "foi un día bonito"; para el, "facía falta gañar na casa" e o equipo está nun gran estado anímico.Ademais, o canario asegura que pecou de "lambón" nunha acción na que puido facer o segundo na súa conta particular. Por último, tamén comenta que "estamos a traballar súper ben" e que "temos capacidade para gañar a calquera".
Pola súa banda, Mario Soriano asevera que "nos merecemos esta vitoria". Recalca que o equipo presionou ben arriba e que a saída de balón foi boa.O futbolista madrileño, que sente igual de cómodo xogando máis adiantado que nunha posición máis de 8, recalca que "estamos nunha boa dinámica, somos ambiciosos e miramos sempre cara arriba".

Sexta e última semana dos DéporCampus con 250 nenos e nenas r...

O RC Deportivo conclúe a primeira fase da campaña de abonados...

Miguel Loureiro dá un novo paso na súa recuperación no inicio...

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...