RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas para o Dépor - Cultural Leonesa do sábado 8 de novembro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda as entradas para o partido do sábado 8 de novembro ás 18:30 fronte á Cultural Leonesa en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 13ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Pódense adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es con preferencia para os abonados/as deportivistas até o domingo 2 de novembro ás 23:59 e a partir desa hora para o público en xeral.

Os prezos das localidades serán a partir de 35 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.