RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín: "Está claro que queremos estar máis arriba que o ano pasado"

Ainhoa Marín manifestou na sala de prensa que "está claro que queremos estar máis arriba que o ano pasado. Queremos melloralo. Os postos de arriba é onde queremos chegar. Quero pensar en partido a partido e iso vaise a ir dando na clasificación".

Cre que a vitoria ante o Athletic Club o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR "foi merecida e sufrida sobre todo nos últimos minutos. Xa tiñamos ganas desa vitoria".

A atacante deportivista advirte sobre este primeiro triunfo que "tampouco tiñamos unha ansia grande por gañar. Sabiamos que ía chegar. Tiñamos a certeza de que viñamos facendo un plan de partido para esa fin de semana. Estabamos tranquilas. Deuse á perfección ese plan e vimos a vitoria".

Asegura que "sentimos orgullosas do noso traballo" ante o Athletic Club e "espero que na volta podamos gañar, levarnos outra vez os 3 puntos".

Sobre o Real Madrid CF, rival este domingo 21 de setembro ás 18:30 no Estadio Alfredo Di Stéfano (Dazn), opina que "o outro día vin o partido qu xogaron en Champions. Gustáronme moito. En liga non lles saíron os resultados que buscaban. Vai ser un partido difícil no que seguramente sufriremos. Pero estamos convencidas que lle imos a plantar cara como fixemos o ano pasado".

Finalmente a nivel individual, Ainhoa Marín proponse ser "unha xogadora menos previsible, poder sorprender ao rival, poder facer algo distinto, ter varios rexistros. Iso é o que vou buscando. Atopando varios recursos vaime a poder axudar a axudar ao equipo".