RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín: "Non tes tempo para lamentarte. Agora vén un partido moi importante e estamos moi centradas niso"

Ainhoa Marín admitiu en rolda de prensa no Dépor Training Center que a pasada fin de semana, coa derrota no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona, foi "duro" e non cre que "representásemos, sobre todo na primeira parte, o que merece este Club".

Valora o feito de "unha posible reacción na segunda parte. Loxicamente moi tarde para todo. Tentar ir para adiante foi un pouco o que dixemos no descanso".

Pide "esquecer ese partido. Non é un contexto que nos vaiamos a atopar partido a partido. É algo moi excepcional. Vaste con moi malas sensacións pero non tes tempo para lamentarte. Agora vén un partido moi importante e estamos moi centradas niso", en referencia á visita do Levante UD a ABANCA-RIAZOR deste venres 14 de novembro ás 19:30 (Dazn).

Ainhoa Marín, que recolleu o seu segundo premio Estrella Galicia á mellor xogadora do mes, asegura que o equipo encara este encontro "con moitas ganas. O equipo quere que chegue xa este venres. Temos a sorte de que nos queda xa pouco tempo para reaccionar, que é o que queremos. Encima en ABANCA-RIAZOR. É unha final e a todo futbolista gústanlle este tipo de partidos".

Finalmente, a internacional branquiazul explica que "tes pouco tempo para reaccionar e o que hai que facer é que fas despois do que pasou. Esa resposta é a que imos dar este venres".