RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Alevín A e Benxamín A arrincan este xoves ante o San Tirso SD no Dépor Training Center o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA

Dous partidos este xoves 13 de novembro no Dépor Training Center abren o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA.

O Alevín A (na foto principal da noticia) e o Benxamín A (na foto inferior) mídense ás 20:00 horas ao San Tirso SD na 8ª xornada da Primera Futgal A Coruña.

Os dous conxuntos branquiazuis lideran os seus grupos, no caso do Alevín A igualado a puntos co Fabril FC Alevín.

En canto ao fin de semana, a Fabril visita á UD Sámano o sábado 15 a partir das 17:00.

O conxunto cántabro acaba de enfrontarse ao Dépor na Copa del Rey nun partido disputado en Castro Urdiales e que acabou con vitoria deportivista por 1-4.

O equipo de Manuel Pablo, após o empate ante o Bergantiños CF da pasada fin de semana no campo Arsenio Iglesias, chega en 3ª posición con 20 puntos, a 2 puntos do liderado.

Os cántabros, un modesto equipo recentemente ascendido, transitan pola zona baixa.

Tamén o sábado 15 o Xuvenil A recibe ao Pontevedra CF ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias. Os branquiazuis son terceiros mientra que os granates pechan a táboa.

Esa mesma xornada xogan en casa o Cadete (ás 12:00 ante o Coruxo FC no Dépor Training Center), o San Tirso SD Infantil (ás 16:00 no Monte ante o AJ Lérez), o Fabril FC Alevín (ás 11:30 na Torre ante o Olímpico CF) e o Fabril FC Benxamín (ás 11:30 na Torre ante o Oza Juvenil SD).

O domingo 16 xóganse 2 partidos, ambos lonxe do Dépor Training Center. O Xuvenil B de Liga Nacional visita ao Atlético Arteixo (12:00 en Ponte dos Brozos) e o San Tirso SD Cadete ao Arosa SC (12:15 no campo Manuel Jiménez Abalo).

Finalmente, o partido entre o Infantil e o RC Celta, previsto para este sábado no Dépor Training Center, queda aprazado de momento sen data debido á participación dos dous equipos na Portimao International Cup 2025.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
11ª xornada: UD SÁMANO - FABRIL, o sábado 15 de novembro ás 17:00 no campo de Vallegón
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta, 22 puntos; 2. Gimnástica Segoviana CF, 21 puntos; 3. Fabril, 20 puntos; 4. Bergantiños CF, 19 puntos... 14. UD Sámano, 9 puntos...

Categoría xuvenil
9ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, o sábado 15 de novembro ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 20 puntos; 2. Sporting de Gijón, 18 puntos; 3. Xuvenil A, 17 puntos; 4. Real Oviedo, 13 puntos... 16. Pontevedra CF, 5 puntos

11ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - XUVENIL B, o domingo 16 de novembro ás 12:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 30 puntos; 2. Xuvenil B, 28 puntos; 3. CD Choco, 21 puntos... 12. Atlético Arteixo, 9 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: CADETE - CORUXO FC, o sábado 15 de novembro ás 12:00 no Dépor Training Center (campo de herba artificial)
9ª xornada: AROSA SC - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 16 de novembro ás 12:15 no campo Manuel Jiménez Abalo
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 24 puntos; 2. RC Celta, 22 puntos; 3. Arosa SC, 16 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, Ural Español CF, Victoria CF e CD Lugo, 13 puntos; 8. Pabellón Ourense CF, 12 puntos... 13. Coruxo FC, 6 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL - RC CELTA, aprazado
9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, o sábado 15 de novembro ás 16:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 24 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 21 puntos; 4. AJ Lérez, 16 puntos; 5. San Tirso SD Infantil, 15 puntos; 6. CD Lugo, 14 puntos...

Portimao International Cup 2025 en Portimao (Portugal)
Primera Fase
Venres 14 de novembro
13:00: INFANTIL - MACCABI PETAH TIKVA, no campo Portimonense
14:45: INFANTIL - RFS ACADEMY, no campo Portimonense
16:30: INFANTIL - CARDIFF & VALE SFA, no campo Portimonense

Sábado 15 de novembro
12:55: INFANTIL - BURTON ALBION, no campo Mexilhoeira Grande
14:05: INFANTIL - SHAMROCK ROVERS FC, no campo Mexilhoeira Grande
17:00: INFANTIL - K BEERSCHOT VA, no campo Mexilhoeira Grande

O primeiro clasificado e os 2 mellores segundos dos 6 grupos pasan a Fase Elite. Os demais pelexarán segundo clasificación polo resto de posicións

Categoría alevín
8ª xornada: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD, este xoves 13 de novembro ás 20:00 no Dépor Training Center (campo de herba artificial)
8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - OLÍMPICO CF, o sábado 15 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Fabril FC Alevín e Alevín A, 18 puntos; 3. Ural Español CF, Atlético Coruña Montañeros CF e CD Calasanz, 16 puntos... 10. Olímpico CF, 9 puntos...

Categoría benxamín
8ª xornada: BENXAMÍN A - SAN TIRSO SD, este xoves 13 de novembro ás 20:00 no Dépor Training Center (campo de herba artificial)
8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 15 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 21 puntos; 2. CD Calasanz, 19 puntos; 3. Ural Español CF, 16 puntos; 4. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos; 6. ED Luis Calvo Sanz, Sada CF e Santa Cruz CF, 13 puntos... 12. Oza Juvenil SD, 6 puntos...