Adrià Altimira cre que a vitoria en San Sebastián ante a Real Sociedad B "deunos moita forza. Pola forma que chegou foi moi importante seguir crendo aínda que o resultado non fóra a favor noso. Isto dános forza para seguir crendo, coas ganas de seguir gañando que é moi importante".
O lateral deportivista lembra que está "nun Club moi grande, cunha historia impresionante. Vimos no Dépor Museo & Tour todos os trofeos que gañou o Dépor. É importante antes de fichar saber onde vés. Tanto por #ANOSAFORZA, polo que é o Club, pola magnitude, pola historia sabiamos que iamos ter presión. Todos somos conscientes, estamos a sabela levar. Imos convivir con ela até o final. Traballamos para levala o mellor posible".
Cre ademais que "todo o que nos poida axudar #ANOSAFORZA vai ser incrible" e de Antonio Hidalgo apunta que "nos achega cousas boas desde o principio. Está a guiarnos no camiño para poder chegar ao obxectivo. Non hai nada negativo cara a el. Tanto nós, como Antonio como calquera outra persoa podémonos equivocar nalgún momento pero o traballo que está a facer é incrible. Con el imos chegar a grandes obxectivos".
A nivel persoal, Altimira asegura que non se arrepinte de fichar polo Dépor: "Estou moi contento e agradecido cos compañeiros, co staff, con #ANOSAFORZA. É a mellor decisión e estou feliz de estar aquí".
Finalmente, do Granada CF, rival este domingo 8 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR, advirte que "ten xogadores con moita calidade. Hai que estar atentos. Empezaron cunha dinámica non moi boa pero é un equipo feito para estar aí arriba e non hai que relaxarse, hai que respectalo porque vai ser un partido moi complicado. Estamos enfocados niso".
