RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Altimira está "contento polo apoio de ANOSAFORZA" e Jose Ángel lembra que "é cada domingo"

Altimira e Jose Ángel pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O lateral deportivista cre que "deste partido hai que saír contentos. Felicitar a todo o equipo polo traballo. Tamén dar moitas grazas a #ANOSAFORZA. É unha parte importante destes partidos".

Queda con "a intensidade e o ritmo que lle puxemos ao partido. Foisenos por unha acción a balón parado".

A nivel individual está "moi feliz de estar aquí, a gusto e moi contento co apoio de #ANOSAFORZA que é importante".

Finalmente Altimira destaca do partido ante o Atlético que "en varios momentos tivemos nós o balón, tivemos as nosas ocasións en certos momentos e en varias fases incomodámoslles".

Pola súa banda, o capitán Jose Ángel opina que a pesar da eliminación, a Copa "por suposto que" supón un golpe de confianza para a liga, "confirmando o bo traballo diario que fai este equipo. Hoxe viuse un gran traballo, un bo partido. É unha pena que non puidésemos ter algunha ocasión máis ou darlles un susto máis".

Do mesmo xeito que Altimira, mostrouse "agradecido pola xente que nos apoia. Agora hai moita xente falando de ABANCA-RIAZOR pero nós sabemos que isto é cada domingo. Agradecido polo apoio e agora a centrarnos na UD Almería".

Subliña o futbolista andaluz que a Copa "é unha competición diferente, rivais diferentes... Nos últimos dous partidos enfrontámonos con equipos de maior categoría. Respírase outro ambiente".