RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Alto ritmo nunha xornada de fútbol en espazos curtos e "con todo en Abegondo para obter grandes resultados"

O Dépor aumentou este xoves a intensidade do adestramento cunha mañá de alto ritmo.

Así, despois dun exercicio táctico no campo 2 dirixido por Antonio Hidalgo, o equipo trasladouse a continuación ao 3 para unha activación con rondos, unha tarefa de posición, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazos curtos.

Con Jose Ángel e Bouldini con adestramento personalizado, o fabrilista Mane adestrouse co primeiro equipo.

En rolda de prensa, Samuele Mulattieri apuntou na súa presentación ante os medios de comunicación que "me atopei moi ben aquí. Temos todo para obter grandes resultados".

Este venres 29 de agosto Os Nosos saltarán ao céspede de novo a partir das 10:30 horas e continuar preparando a visita ao CD Leganés prevista para o luns 1 de setembro ás 21:30 en Butarque.