RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Analizado "ao detalle" o Málaga CF, o Dépor ultima a preparación para un partido "durísimo" en El Sardinero

O Dépor completou esta mañá unha nova sesión de adestramento no Dépor Training Center xa superado o partido de Málaga, segundo afirmou Antonio Hidalgo na sala de prensa: "As cousas que pasaron xa non volven tanto para o bo como para o malo. Foi a semana pasada".

E coa vista no futuro: "Centrámonos no seguinte. Analizamos ao detalle as cousas que puidemos facer mellor, as cousas que se fixeron ben e as que se poden mellorar. E a partir de aí centrarnos nun partido durísimo, con moita igualdade, bonito da categoría".

O corpo técnico dispuxo, após unha activación con rondos, unha tarefa de finalizacións e un novo exercicio táctico no campo 2.

En rolda de prensa, e salvo Ximo Navarro e Daniel Bachmann, subliñou o adestrador deportivista que "parece que todo o mundo está ben. Tentamos coidar a algúns xogadores con algunha molestia pero en xeral cos minutos da xornada pasada e cos adestramentos véselles cun pico de forma máis alto".

A piques de concluír a semana de preparación para o partido deste domingo 19 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en El Sardinero ante o Real Racing Club, desvela que Stoichkov "sufriu unha molestia nun isquio por iso decidimos terlle entre algodóns. Hai que ter ese pico de precaución ás veces".

Tamén engade Antonio Hidalgo que David Mella "viña dunha viaxe longa e non queriamos exporlle demasiado" e Quagliata "tivo unhas molestias e entendiamos que tiña que ser progresivo".

Samu e Quique Teijo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este sábado, Os Nosos adiantan a hora do adestramento no Dépor Training Center, que arrincará ás 10:00 en lugar da as 10:30 porque nada máis concluír, o equipo partirá en autocar a Santander.