RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "A categoría ensinoume durante moitos anos que tes que ir día a día"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "co volume de xornadas que van os equipos van situándose na táboa. Esta categoría é larguísima e ensinoume durante moitos anos que tes que ir día a día, ir sumando de 3 cada semana se é posible".

Lembra que "os obxectivos se conseguen a final de temporada; nunca con 23, con 26 ou con 32 puntos. Iso é o que din as matemáticas".

Insiste en "saber competir cada semana, saber que tipo de partido te toca. Sempre temos cousas que mellorar, somos os primeiros que o sabemos pero tes que centrarche no inmediatamente máis próximo e neste caso o AD Ceuta FC", este domingo 23 de novembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR.

O técnico deportivista asegura que "se somos capaces de competir ao mesmo nivel contra calquera equipo os partidos ímolos a ter aí polo tipo de equipo que somos, por como estamos traballados, polo talento que temos".

Confesa que "nos demos conta que temos que estar ao mil por mil e sempre concentrados" e advirte que "se somos capaces sempre de estar a eses niveis de competitividade das últimas semanas seguramente estaremos moito máis preto de conseguir vitorias".

Do AD Ceuta FC, Antonio Hidalgo opina que "fixo un gran inicio de campaña. Non empezou con bos resultados pero cando encadeou ese xogo que os caracteriza, asociativo, buscando vantaxes... sacou moito rendemento. É certo que agora puido atopar algunha derrota pero fáltalle o partido ante a UD Almería por disputar".

Recalca o preparador branquiazul que "cada partido é diferente, cada partido é moi complicado. Tes que estar sempre alerta. En ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA, temos que ofrecerlles primeiro para que eles respondan como o fan sempre, que é un espectáculo".

Non quere esquecer a "sensación de dificultade de todos os rivais; e tamén sabendo que o que vimos facendo dáche fortaleza, confianza pero sen despistarche do obxectivo principal que é competir sempre desde o primeiro minuto ao 100%".