Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "tes que saber levar o vaivén de emocións que ten esta categoría".
Cre que "o nivel do equipo nestes últimos partidos mellorou bastante respecto ao mes de decembro. É moito máis reconocible o equipo: pasa moito máis tempo en campo rival, ten moita máis posesión, concede menos e ten máis ocasións de gol..."
Iso si, subliña que "temos que ser un equipo máis regular porque isto vai de sumar cada semana especialmente de 3. E máis na situación na que vimos".
O técnico deportivista, co equipo en 5ª posición, afirma que "o obxectivo que é loitar entre os 6 primeiros está a cumprirse practicamente desde a primeira xornada. En canto a puntuación, os últimos partidos non está a ser o suficientemente boa para mantelo no tempo. O equipo mellorou pero a mellora está nos resultados. Isto vai de gañar e de sumar de 3".
Insiste en "seguir incidindo nos detalles que nos están penalizando agora e antes non nos sucedía, ver sempre de maneira positiva a situación facendo fincapé nas situacións mellorables no día a día, seguir potenciando o ter balón, manter esa situación en campo contrario, non volvernos tolos en situacións en contra, e seguir crecendo porque a liga aprema e hai que sumar de 3".
Nesta liña apunta que "en ABANCA-RIAZOR o equipo foi dominador nos últimos partidos. Non se atopou ese resultado que puidemos atopar noutro momento. O ambiente o outro día de ABANCA-RIAZOR foi incrible, empuxando ao futbolista. Eses son os ambientes que uno como futbolista quere. Vin a xogadores moi enchufados coa bancada, moi a gusto no terreo de xogo. Hai momentos da temporada que podes sumar máis fóra que en casa".
Vaticina que "ABANCA-RIAZOR vainos a dar moitísimo. O outro día empuxáronnos de maneira brutal. O xogador sentiu. Eu sentino. Todos os sentimos. Ese é o camiño. ABANCA-RIAZOR é a nosa casa, sentimos incriblemente a gusto e esa comuñón vainos a dar moitas alegrías".
Finalmente, da Cultural Leonesa, rival este sábado 31 de xaneiro ás 18:30 (LaLiga TV, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) no Estadio Reino de León, opina que "non vén en boa dinámica. O seu adestrador fala desa solidez defensiva que perderon nos últimos partidos. Incidirán especialmente niso. Teñen xente de talento en ataque. Vannos a pór as cousas difíciles e o partido vai estar igualado. Nós temos que seguir incidindo na idea dos últimos partidos, ter ese acerto, pechar a portería".
