RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo asegura que "é unha pasada ANOSAFORZA. Empúxanos moitísimo e estou tremendamente agradecido"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "non sufrimos nada. O equipo entendeu o que necesita o grupo, que é sumar cada semana, cun campo que empuxa moitísimo e ao que estamos moi agradecidos".

O técnico deportivista insiste en que "a #ANOSAFORZA sempre lle queremos brindar unha vitoria. Non puido ser e iso sábenos mal. ABANCA-RIAZOR, hoxe que o coñecín, empuxa moitísimo. Somos nós os que temos que entender a ABANCA-RIAZOR moito máis. Temos que agarrarnos moito máis a ABANCA-RIAZOR. Neses momentos que empuxa seguir atacando, seguir sacando centros, hai que meter ao equipo rival. E iso vainos dar moitísimo".

Explica neste sentido que "como xogador tes que entender esa rabia, ese carácter que che dá ABANCA-RIAZOR. Iso vese, pálpase. Temos que sentilo un pouco máis para empuxar máis, ir máis. Témonos que agarrar porque nos momentos máis delicados é unha pasada nosa afección. Empúxanos moitísimo e estou tremendamente agradecido".

Antonio Hidalgo mostrouse "encantado con todo o que vin desde que cheguei ao estadio. É un pracer estar aquí".