RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "É un partido máis, son 3 puntos e hai que seguir empuxando"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do UD Almería Stadium que o triunfo "reforza moito o traballo, o esforzo, a intensidade, o igualar a equipos moi poderosos".

O técnico deportivista lembra que "vimos dunha semana complicada e con futbolistas que xogaron moitísimos minutos nestes días. Hai que recuperalos e sobre todo limpar esas cabezas, pensar que ese é o camiño".

No entanto, lembra que "é un partido máis, son 3 puntos e hai que seguir empuxando".

Finalmente, Antonio Hidalgo resalta o tema mental, "que é clave. Véxolles adestrar todos os días, empúxolles moitísimo, coido moito esas cabezas para que non se vaian ao negativo".

Nesta liña, apuntou que "cando recibimos o primeiro gol o único que quería era non recibir o segundo porque iso che deixa vivo. Ademais estabamos a xogar ben, tendo o dominio. En calquera situación podes recibir o segundo e non hai que volverse tolos porque dáche ansiedade querer darlle a volta ao partido contra un rival como a UD Almería, fóra de ABANCA-RIAZOR".

Advertiu da importancia de "non perder o partido sobre todo ante rivais que se xogan o mesmo que ti. Importantísima vitoria porque viñamos dunha xeira moi complicada. Urxíanos sumar de 3 e por iso fomos capaces de darlle a volta".