RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "É unha bendición que me tocou, vir aquí, gozar deste Club, desta cidade"

Antonio Hidalgo confesou na sala de prensa que xogar en ABANCA-RIAZOR é "unha bendición. Vir, xogar, con #ANOSAFORZA, con esa ambición, con ese sentimento de pertenza, de empuxar".

Insiste en que "é unha bendición que me tocou, vir aquí, gozar deste Club, desta cidade".

O técnico deportivista asegura que "imos ir con todo" e lamentouse do empate ante a UD Almería porque "o equipo deixouno todo. Hai outros días que estivemos seguramente peor, pero isto vai de sumar e temos un punto máis".

Advirte que a Yeremay "vanlle a perseguir, vanlle a buscar. Tivo eses momentos de talento e temos que explotar máis esas situacións".

Finalmente Antonio Hidalgo conclúe que o partido ante a UD Almería "empezámolo ben, atopando situacións por fóra, chegando, con centros, con moi pouca presenza dentro da área. Aí puxéronse por diante e até o final do primeiro tempo non estivemos cómodos. Nós acumulando moita xente por dentro e eles cunha liña de 5 non lles estabamos atopando as costas. Fomos capaces de variar a posición de Yeremay en amplitude. Deunos moitísimo, con Luismi por dentro. Iso fixo que chegue o gol. Xuntamos moito máis a xente dentro da área, que che dá máis posibilidades. Recordo una chegando por banda contraria de Ximo".

Engade o preparador deportivista que "eles volveron a cambiar a estrutura, que seguramente se atoparon máis cómodos con balón, sen facernos perigo. Neses 20, 25 minutos da segunda parte poderiamos facer un gol máis".