RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo está "moi orgulloso e moi contento de ver ABANCA-RIAZOR así. É unha sorte vivir este tipo de ambientes"

Antonio Hidalgo confesou na sala de prensa após o partido de Copa ante o Atlético de Madrid estar "moi orgulloso e moi contento de ver ABANCA-RIAZOR así. É unha sorte vivir este tipo de ambientes. Agradezo a #ANOSAFORZA que nos empuxe desa maneira. Cando o fan así somos moi poderosos".

Subliña estar "contento polo traballo pero sempre quédache ese punto da derrota. Estou contento por como competiu o equipo".

O técnico deportivista cre que "conectamos moi ben. ABANCA-RIAZOR o que reclama é esforzo e hoxe (por onte) nese sentido estivemos de 10. Competimos a un gran nivel, por momentos tivemos situacións de poder facer ese gol que che metese no partido. O equipo leu perfectamente o que necesitaba o partido".

Extrae como conclusión que "este nivel competitivo é o que temos que mostrar para centrarnos na liga".

Antonio Hidalgo admite que "cando te enfrontas a un rival de superior categoría danse cousas por supostas, que o equipo rival vai ter o balón, que che tes que xuntar un pouco máis, que esa intensidade cando vas á presión o estadio tamén cha dá. Temos que saber que isto nos vai a achegar moitísimo a competir de mellor maneira domingo a domingo. Nos últimos partidos o equipo competiu tramos con esa intensidade. Temos que mantela durante 90 minutos. Isto ponnos un punto de partida para saber que con esta intensidade vai ser complicado gañarnos".

Finalmente advirte que "temos que convivir coa presión por ascender. Temos que saber que a esixencia tanto interna como externa é grande. Hai momentos desa presión por ter que levar sempre a iniciativa, por pasar moito tempo en campo rival, por minimizar ao rival, que tamén xogan. Temos que saber convivir con esa presión que ten o Club, a cidade e neses momentos dar ese paso adiante".