RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Hai ambición grande, hai humildade. Temos que ter unha humildade grande todos sabendo a dificultade"

Antonio Hidalgo asegurou após o triunfo ante a SD Huesca que "hai ambición grande, hai humildade. Temos que ter unha humildade grande todos sabendo a dificultade; saber traballar; saber o rol que toca en cada momento e o importante que é o Club, que está por encima do individual. Iso estámolo entendendo".

Así mesmo, pide "ter esa idea de pertenza, de loitar polo noso escudo, polas nosas cores. Como #ANOSAFORZA empuxounos foi brutal. E ponnos contentos ver á xente gozar".

Precisamente animou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR a #ANOSAFORZA que "goce coas vitorias. Temos que gozar cando ganas sabendo o difícil que é".

Nesta liña, lembra "a dificultade que ten a categoría, o igualado que está todo. Cando falaba na previa do sufrimento refírome ao sufrimento bo, de que imos sufrir, que imos pasar malos momentos, que llo temos que facer ver aos nosos xogadores".

O técnico deportivista desvela que "tento inculcar cada día aos meus xogadores que temos que seguir sendo sólidos, concedendo pouco. Iso vainos a estar sempre nos partidos. E esa proximidade no resultado vainos a dar sempre posibilidades porque o talento que temos arriba sosteno".

Finalmente sobre Yeremay, Antonio Hidalgo opina que "hai que darlle agarimo, facerlle sentir o importante que é. Fixo un gran traballo con e especialmente sen balón. Dános moitísimo. Temos que seguir arroupando non só a el senón a todos, que sigan empuxando, que sigan crendo no que estamos a facer. Iso é o máis importante".