RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Nesta categoría hai que loitar moito, hai que ir día a día"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de Mendizorrotza que "temos que saber o difícil que é. Houbo momentos moi bos do CD Mirandés. Puxeron 4 en inicio e custounos sobre todo por dereita. A través dos cambios puidémolo modificar e sufrimos algo menos. Hai que ir lendo os partidos".

Lembra que "cando levas 2 goles de diferenza e métense preto ves as cousas doutra maneira. Nesta categoría hai que loitar moito, hai que ir día a día, hai que competir sempre, sempre cos pés no chan. Iso é o que temos que facer".

O técnico deportivista mostrouse "moi contento coa xente que entrou, especialmente os dianteiros. Bo traballo de Samuele (Mulattieri), logo Zaka (Eddahchouri) fixo 3 goles. Stoichkov saíu incrible, deunos moitísimo entre liñas. Estou contento por todos eles".

Finalmente Antonio Hidalgo sostén que "isto vai de gañar partidos e sempre vai estar moi igualado. Nós loitamos xuntos con #ANOSAFORZA, coa cidade, co noso estadio, con esa xente que vén e empúxanos sempre. O que temos que facer é demostrar ese compromiso, esa lealdade á nosa xente. Estou convencido que a xente está moi contenta na Coruña e traballamos para que sigan sendo felices".