RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo ve ao Dépor "moi ilusionado, moi convencido, moi compacto no grupal, que é moi importante a estas alturas"

Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que o Dépor encara a recta final de LaLiga Hypermotion "con ilusión, ben situado, sabendo que hai cousas que puír, cousas que mellorar".

Ve ao grupo "moi ilusionado, moi convencido, moi compacto no grupal, que é moi importante a estas alturas".

Recalca que "temos un gran grupo humano", que é consciente de "a dificultade que temos, onde estamos, a esixencia que hai".

O preparador branquiazul insiste en que "hai xente que non está a disputar minutos que está a empuxar incrible, que está a axudar moitísimo á cohesión do grupo. Iso é moi importante sobre todo cando as cousas poidan torcerse un pouco".

Finalmente Antonio Hidalgo destaca do Granada CF, rival este domingo 8 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR, como "un rival con moita enerxía, con bandas moi poderosas, que sempre fai unha presión alta, que che vai a pór en moitos problemas".