RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Recta final de preparación do partido ante o Granada CF con só á marxe Yeremay, que traballa para que "na parte final poida estar a tope"

O Dépor entra na recta final de preparación do seu partido ante o Granada CF deste domingo 8 de marzo ás 21.00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR. 

Todo o cadro exercitouse no céspede salvo Yeremay, está con traballo personalizado. 

En rolda de prensa, Antonio Hidalgo explicou que "vén arrastrando unhas molestias de pube desde hai tempo. O outro día acrecentóuselle un pouco e localizouse un pouco máis no aductor. Segue con esas molestias".

Asegura que "imos tentar que o tempo de recuperación sexa o menos posible, que teña boas sensacións. Non hai nada grave neste momento pero temos que ir coidando esas situacións".

Recalca que "está a facer un gran esforzo desde hai moito tempo. Estamos a coidalo ao máximo, facendo todo o posible para que sexa mínimo e para que poida render ao mellor nivel. Agora está nese proceso de readaptación. Os días de descanso vanlle a vir ben e imos tentar que para a parte final poida estar a tope".

O corpo técnico, após unha activación con xogos e un roldo no centro do campo, dispuxo unha tarefa táctica e un exercicio de evolucións.

Bil foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

O técnico deportivista lembra "levamos todo o ano tentando que a idea do Club, que é canteira, co filial este ano pelexando polo máximo poida casar. A irrupción de Bil e o gol do outro día vai ser un xute de enerxía para el. É un mozo excepcional, está a vivir a profesión. Ten moitísimas ganas. Mete competencia á xente de arriba e iso é unha gran noticia para todos".

Este sábado 7 de marzo, Os Nosos adestraranse por última vez antes do partido ás 10:30 no Dépor Training Center.