RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O partido do Dépor ante o Granada CF, declarado "Día DÉ..." A Muller

O partido do Dépor deste domingo 8 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) ante o Granada CF foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Muller.

Con motivo do Día Internacional da Muller, o partido convértese nunha xornada para recoñecer, apoiar e celebrar a todas as mulleres que forman parte do noso club, de #ANOSAFORZA e da nosa historia.

Cada paso cara á igualdade conta e ABANCA-RIAZOR encherase de orgullo, respecto e compromiso.

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía, neste caso a Fundación Vicente Ferrer, ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.