RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo pide en Granada "esa sensación de necesidade, de estar ao máximo, en alerta. Iso faiche estar precavido ao que poida pasar"

Antonio Hidalgo pediu esta mañá na sala de prensa de Abegondo ter este sábado 16 de agosto ás 21:30 (Dazn e LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Nuevo Los Cármenes de Granada ter "esa sensación de necesidade, de estar ao máximo, en alerta. Iso faiche sempre estar precavido ao que poida pasar".

Advirte que a evolución durante a pretemporada "foi in crescendo pero sempre con esa sensación de ter que dar o mil por mil para poder sacar 3 puntos mañá".

O técnico deportivista lembra que o Granada CF "segue co mesmo adestrador co que terminou, con Pacheta. Houbo cambios de xogadores, chegaron outros. Están a expensas de poder inscribir a algúns xogadores. Poden modificar a súa estrutura dependendo dos xogadores que poñan".

Espera un rival "moi agresivo, que vai ir alto a apertarnos, cunha intensidade alta. Iso desde o primeiro día que chegou Pacheta inculcouno".

Por conseguinte, vaticina "un partido a duelos" no Estadio Nuevo Los Cármenes.

Ten claro que "os que están comigo son a miña xente, os meus xogadores. Tento levar aos xogadores á súa máxima expresión. Temos moitos xogadores con moito talento e equiparalos ás veces é difícil. Temos que pór unha mirada bonita coa nosa xente aos xogadores que saian a defender a camiseta do Dépor, o noso escudo. Hai que facerlles poderosos, involucrarse no sentimento, e eu o primeiro desde o primeiro día que cheguei. Cando pase seguramente imos ver a xogadores con outra mirada e ímolos a facer render moito máis".

Finalmente, Antonio Hidalgo pensa que "acertamos moitísimo en xogadores que trouxemos en posicións específicas. Déronnos ese salto de calidade especialmente en carácter".