RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo prepara ao Dépor cun partido en espazos amplos para recibir a "un dos grandes", a UD Almería, na primeira cita de outubro

Antonio Hidalgo dispuxo como tarefa principal esta mañá no campo 2 do Dépor Training Center un partido en espazos amplos co plan para recibir á UD Almería este sábado 4 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion, Canal Sur, TVG, GOL, TEN e dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR 

A xornada arrincou cunha activación e uns rondos no campo 2.

Diego Villares, no acto de presentación do Dépor Training Center, cualificou ao equipo andaluz como "un dos grandes da categoría". "Nós tamén o somos ou sexa que volveremos ver un partido moi bonito", engadiu.

O capitán branquiazul insiste en valorar o punto logrado a pasada fin de semana en Ipurúa: "É un campo moi difícil. A todo o mundo cústalle sacar os seus partidos adiante. A liga é moi competitiva".

Con David Mella no Mundial sub-20, Escudero está con adestramento personalizado mentres que Jose Gragera xa fai tarefas co grupo.

Samu, Kike Fernández, Mane, Noé e Hugo Ríos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este xoves, o cadro almorza xa na instalación branquiazul ás 8:30 para arrincar o traballo no céspede a partir das 10:30 horas.