
DÉPOR · 1 OUTUBRO 2025
ANTONIO HIDALGO PREPARA AO DÉPOR CUN PARTIDO EN ESPAZOS AMPLOS PARA RECIBIR A "UN DOS GRANDES", A UD ALMERÍA, NA PRIMEIRA CITA DE OUTUBRO
Antonio Hidalgo dispuxo como tarefa principal esta mañá no campo 2 do Dépor Training Center un partido en espazos amplos co plan para recibir á UD Almería este sábado 4 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion, Canal Sur, TVG, GOL, TEN e dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZORA xornada arrincou cunha activación e uns rondos no campo 2.Diego Villares, no acto de presentación do Dépor Training Center, cualificou ao equipo andaluz como "un dos grandes da categoría". "Nós tamén o somos ou sexa que volveremos ver un partido moi bonito", engadiu.O capitán branquiazul insiste en valorar o punto logrado a pasada fin de semana en Ipurúa: "É un campo moi difícil. A todo o mundo cústalle sacar os seus partidos adiante. A liga é moi competitiva".

Con David Mella no Mundial sub-20, Escudero está con adestramento personalizado mentres que Jose Gragera xa fai tarefas co grupo.Samu, Kike Fernández, Mane, Noé e Hugo Ríos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves, o cadro almorza xa na instalación branquiazul ás 8:30 para arrincar o traballo no céspede a partir das 10:30 horas.


Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...