RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo reclama "dar un paso adiante á hora de competir"

Antonio Hidalgo lembrou este venres na sala de prensa do Dépor Training Center que "para conseguir obxectivos nunha liga tan longa tes que competir contra calquera".

Subliña que a UD Las Palmas, rival este sábado 10 de xaneiro ás 18:30 (17:30 hora local, TVG, GOL, TEN e CAYO TV) no Estadio Gran Canaria, "vainos a pór as cousas moi complicadas porque ten moito balón, estrutúrase ben, após perda actívanse rápido..."

O técnico deportivista pide "buscar os nosos momentos para ter ese balón, xogar canto máis tempo posible en campo contrario, penalizarlles moito os seus erros, acabar xogadas. Imos ver como podemos lograr esa superioridade. Todos temos debilidades".

Insiste en que "temos que darnos conta se queremos seguir nestas posicións altas que temos que competir contra os mellores, dar un paso adiante á hora de competir, de facer faltas, de parar o partido".

Antonio Hidalgo conclúe que "sabendo que todos os partidos valen o mesmo, cando xogas contra un rival directo tes que ter unha atención especial".