Antonio Hidalgo mostrouse esta mañá en rolda de prensa "moi contento de como están a ir os primeiros días. A predisposición dos mozos é moi boa. Estamos a dar un volume de traballo grande. Imos pola nosa terceira semana. Puidemos disputar 3 partidos nos que imos dando minutos ás pernas; e aos poucos tentando inculcar o que queremos".
O técnico deportivista subliña sobre os seus xogares que "teñen moitísimo talento, son xente encantadora, traballadora" aínda que si admite que "temos que competir moito máis, temos que ser moito máis aguerridos".
Estas foron algunhas das súas respostas:
Diferentes sistemas nos amigables
"Imos tentar primeiro pechar o cadro a ver como queda. Imos tentar asinar os perfís que queremos pero cada xogador que veña vainos a dar un matiz diferente. Imos tentar utilizar as ideas que vimos traballando desde hai tempo con outros equipos. Utilizamos esa liña de 3 pero seguramente iso vai poder variar. Cada vez gústame menos falar desa estrutura porque seguramente iso vai ir variando dependendo da amplitude que lle vaiamos dando a un central ou ao outro, dependendo da profundidade que lle deamos aos de fóra. Dependendo dos perfís que teñamos iremos utilizando unha ou outra idea. Vai depender tamén do rival que teñamos enfronte. Hoxe en día sempre tes que ter en conta eses pequenos matices, evidentemente antepondo o que somos nós, pero tentando buscar esas diferenzas para poder ter sempre superioridades".
Riki e Loureiro
"Son xogadores que non están aquí. Temos que asinar diferentes situacións na nosa liña de atrás e seguramente temos que incorporar xogadores no centro do campo, á parte de asinar arriba. Veremos a ver quen acaba chegando".
Cadro pechado
"Aquí o difícil é a gran cantidade de xogadores que tes porque para preparar adestramentos non é sinxelo. Hai que encomiar á xente que sabe que non vai seguir, o profesionalismo que está a demostrar. Están a axudarnos moitísimo e tentamos cadrar todo o máximo que podemos. Pero ao final as pretemporadas están para coller minutos, para coller esa preparación física, ir metendo matices que no xeral xa o temos claro, pero evidentemente os matices particulares dos xogadores que acaban chegando ou dos xogadores que queiramos pór en liza cada semana irán variando eses pequenos detalles de como queremos xogar".
Sorpresa cos futbolistas do Dépor
"Isto é moi sinxelo. Eu vin moitas veces á Coruña a visitala, a xogar, como adestrador. Atópome nunha cidade incrible. Iso sorprendeume moitísimo, o bonita que é, o bo tempo que está a facer nestes días, que seguramente cambiará. Pero iso son cousas que me sorprenderon. Á parte, do que vira como adestrador aos xogadores, cando estás dentro ves que é máis do que crías. Teñen moitísimo talento, son xente encantadora, traballadora. Sei que lles teño que inculcar moito máis veleno, que temos que competir moito máis, que temos que ser moito máis aguerridos, porque niso seguramente é onde está o noso punto de mellora e eles aos poucos estano entendendo; pero estou encantado de estar co grupo de rapaces que estou a adestrar".
Número de incorporacións
"Seguramente un central temos que incorporar, un lateral esquerdo temos que incorporar. Veremos se incorporamos 1 ou 2 mediocentros. Seguramente arriba temos que asinar un dianteiro seguro e veremos se outro dependendo das saídas que poida haber. Por aí vai roldar a situación a non ser que poida haber algunha saída".
Futbolistas que sairán
"A min cando era xogador o que me gustaba era que fose moi franco o adestrador que tivese diante. As situacións que tivemos claras xa llas comunicamos aos diferentes xogadores e a partir de aí hai unha pretemporada que queremos seguir vendo a xogadores".
Davo, Mfulu
"Falamos con eles. O máis normal é que acaben saíndo, pero de momento forman parte do cadro, traballan como uno máis, tratámoslles como uno máis e están a adestrar fenomenal".
Patiño, Genreau, Rubén López
"Son xogadores que están aí para que lles podamos ver, para que lles podamos dar minutos e ver se na situación que queremos para conformar o cadro poden estar. Cando son xogadores mozos o máis importante é ter na cabeza que teñen que ter minutos. Son patrimonio do club. Unha vez que teñamos pensado todo iso decidiremos sobre eles".
Charlie Patiño
"É un mozo encantador. Vén dun ano difícil, cunha adaptación difícil. É un xogador que queremos seguir vendo neste proceso da pretemporada. Seguramente nós estámoslle vendo máis nunha posición na base, de 6 máis que de 8, que tamén o pode facer. Nesta semana tomaremos unha decisión".
Perfil dos mediocentros
"Seguramente imos necesitar un xogador que poida ser un pouco máis 6 e outro, seguramente dependendo das situacións que vaian quedando, algo máis creativo. É o que estamos a dar voltas coa dirección deportiva".
Dianteiro
"A min o que me gustan son os que metan gol. A partir de aí necesitamos ese complemento con xogadores que xa temos neste caso como o caso de Eddahchouri. Ese xogador máis referencia que pode ser Bouldini. Veremos como vai quedando esa punta de ataque. Queremos un xogador que vaia ao espazo, que teña esa mobilidade e que seguramente se poida axustar a algunha que outra posición en ataque. Non é sinxelo a procura dos 9, non só para nós, senón para todos".
Kevin Sánchez
"Fun moi claro con Kevin desde o primeiro día. Era un xogador que queriamos ver. Queriamos ver ese comportamento porque todos os informes falábannos positivamente sobre el. El o primeiro día ou o segundo viño a falar comigo. Ten moi claro que quere saír. É un xogador que saíndo vai ter esa madurez e ese crecemento que se cadra necesita para volver. El quere triunfar no Dépor, cousa que nós estamos encantados de que poida ser así. Seguramente Kevin vai saír pero fixo un gran traballo. Nós estamos encantados con el".
Encaixe de Luismi, Mella...
"Non nos podemos enganar, imos conformar un bo equipo con moitas variantes, con moitas alternativas. Temos que estar dispostos a non xogar, que é fodido. É unha xestión difícil. Temos que antepor o Dépor a nós. Esas son as pequenas cousas que temos que ir solucionando. Non quere dicir que Luismi ou Mella non poidan xogar á vez. Poden xogar perfectamente á vez. Uns días farano, outros días non o farán. Temos competencia dabondo. Mella é un xogador que o ano pasado deu un rendemento incrible. Gañouse ese respecto que se gañou o ano pasado. Estou incriblemente contento con el. Téñolle que axudar a seguir evolucionando tanto a el como á xente nova. A partir de aí aos poucos iremos vendo os días que nos interesa unha cousa ou outra. Se cadra temos que xogar todos os días con eles dous xuntos. Veremos a ver como podemos ensamblar coa pelota ou sen a pelota, que tamén son outra das situacións que temos que controlar".
Rubén López
"É un mozo que non tiña tan controlado e o ano pasado no Barça xogou de interior, de lateral. É un xogador con moitísimas pernas, da casa, que está a adestrar moi ben e que aos poucos está a gañar confianza".
Cristian Herrera
"É un tío incrible, traballador, currante, sabe de que vai a profesión. Está a xogar nesa posición na esquerda, un pouco metido dentro. Ten gol, sabe como moverse entre liñas, onde están os espazos... Hai que ver todas as situacións".
Luis Chacón
"Queriámolo ver, pero esa lesión no nocello non lle deixou mostrarse. Queremos velo e na xira de Inglaterra ímoslle a dar minutos para que poidamos velo".
Diego Gómez
"Comenteille persoalmente o que pensamos. É un xogador novo, da casa, que necesita minutos. Vai ter moita competencia. Veremos a situación na que queda, pero necesitamos que os xogadores novos teñan minutos e se non llos podemos dar en casa, pois seguramente nalgún momento haberá que poder buscar unha solución. Está a traballar ben, é un rapaz profesional. A todos os mozos temos que consentirlles e axudarlles para que cando poidan render ben no futuro no Dépor, estean preparados".
Canteiráns como Guerrero ou Martín Ochoa
"A canteira é fundamental no plan estratéxico do club. Imos tentar axudarlles a todos sabendo da esixencia, da inmediatez deste mundo. Están a participar tamén Samu e Damián. Samus é un xogador xuvenil, que está a un nivel moi bo, que nos está dando. É moi sobrio. Está a achegarnos moito, estou moi contento con el. Agora está a subir tamén Damián. A toda a canteira valorámola moitísimo. Agora mesmo é un gran número de xogadores e hai que ensamblar para darlle a importancia, para poder facer xogadores referentes no futuro".
Giacomo Quagliata
"Pódenos dar esa contundencia por fóra. Imos ver se se pode cristalizar. As cousas ata que non están asinadas non se poden confirmar cento por cento; pero si que é unha opción".
