RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo vaticina un Dépor "difícil de bater"

A poucas horas do Trofeo Teresa Herrera deste sábado 9 de agosto ás 20:00 horas (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR ante o Le Havre AC, Antonio Hidalgo manifestou esta mañá en rolda de prensa que "o importante é competir desde o primeiro día. Eu creo que iso o equipo está a facelo cada vez máis. Vai ser un equipo difícil de bater. Tes que buscar unha estrutura que poida soportar as situacións dos rivais, que poida facer dano. Irémola modificando en función do rival. Irémola atopando aos poucos. Imos polo camiño correcto".

O técnico deportivista confirmou ademais que "Charlie Patiño vai seguir connosco. Gañouse o dereito de estar no cadro. Vémolo nunha situación de 6 xunto a Gragera e Jose Ángel. Veremos se o podemos ver de 8. É un xogador con moitas ganas, moi aplicado, con moita ilusión. Vén dun ano duro, de sufrir. Pódenos achegar cousas".

Tamén apuntou que o central canteirán Samu "vai estar connosco adestrando. Ten moitísima competencia. Samu vai ser un máis. Non pode estar todas as semanas sen xogar pero demostroume que é un xogador que ten fame, solidez... Cada cousa que lle digo empápaa e ao día seguinte faia mellor".

Conclúe Antonio Hidalgo que "hai que fixarse na posición de dianteiro. Vai vir un seguro e veremos se outro dependendo das saídas. Esa é a zona que queremos reforzar, témolo claro. Na portería ten que vir outro porteiro, e máis ou menos teriámolo".