RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Bárbara Latorre cre que o importante é "traballar, seguir mellorando día a día, estar xuntas, dar pasiños cara a adiante, seguir crecendo"

Barbara Latorre asegurou este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center que no vestiario do Dépor ABANCA "estamos o máis unidas posible para poder sacar isto adiante".

A atacante deportivista, autora dunha gran asistencia a Ainhoa Marín e dun gol anulado ante o DUX Logroño, admite que "a dinámica non é fácil. O equipo está a tentalo. Estamos a traballar para que no seguinte partido estea a vitoria máis preto. Seguimos traballando o máis xuntiñas posible para que os erros non nos penalicen tanto".

Opina que enfrontarse a equipos de arriba como o é o Atlético de Madrid este domingo 19 de outubro ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR "é unha motivación extra. Temos que saír extra motivadas para poder sacar algo positivo, ter boas sensacións e que o equipo dea un paso adiante".

Do Atlético, Bárbara Latorre advirte que "está en moi boa dinámica. Empezaron moi ben esta temporada. Hai que ser conscientes da calidade que teñen e a partir de aí utilizar as nosas armas".

Finalmente, apunta que "está claro que nos están faltando moitas cousas. Pero o máis importante é traballar, seguir mellorando día a día, estar xuntas, dar pasiños cara a adiante, seguir crecendo e o traballo é o que nos vai a achegar máis á vitoria".