RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con parón ligueiro para o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21

Esta fin de semana hai parón ligueiro para o Dépor ABANCA B en Segunda Federación e para o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación.

Ambos os equipos chegan a este descanso en 11ª e 8ª posición na táboa respectivamente.

Si compiten o resto de equipos de ANOSACANTEIRA feminina.

Este sábado 28 de febreiro xoga en San Pedro de Visma o Orzán SD Cadete ante o Santa Cruz CF (12:15); e os dous equipos infantís no campo 3 da Torre: o A ante o Oza Juvenil SD (10:00) e o B ante o Dumbría CF (12:00).

Para o domingo 1 de marzo queda un só encontro. En Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil, 13º na táboa, visita ás 17:00 a un rival da zona alta, a SD Antas. 

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
Clasificación: ... 8. Madrid CFF B e Atlético de Madrid C, 21 puntos; 10. Bizkerre Club (un partido menos) e Deportivo ABANCA B, 20 puntos; 12. Olímpico de León (un partido menos), 17 puntos...

Tercera Federación
Clasificación: ... 7. EFM Concello de Boiro, 22 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 21 puntos; 9. Tomiño FC Femenino, 19 puntos...

Primera Autonómica
20ª xornada: SD ANTAS - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 1 de marzo ás 17:00 no campo Castro Seoane (Antas de Ulla)
Clasificación: ... 2. SD Antas, 43 puntos... 12. Sporting Cambre, 17 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 16 puntos; 14. SCD Pastoriza, 12 puntos...

Liga Galega cadete
18ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SANTA CRUZ CF, o sábado 28 de febreiro ás 12:15 en San Pedro de Visma 2
Clasificación: 1. Victoria CF, 43 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 41 puntos; 3. SCD Milagrosa (un partido menos), 36 puntos...

Liga Galega infantil
17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - OZA JUVENIL SD, o sábado 28 de febreiro ás 10:00 na Torre (campo 3)
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 40 puntos; 2. Racing de Ferrol, 37 puntos... 4. Oza Juvenil SD, 22 puntos...

17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - DUMBRÍA CF, o sábado 28 de febreiro ás 12:00 n Torre (campo 3)
Clasificación do grupo 2º: ... 3. Bergantiños CF, 34 puntos; 4. Orzán SD Infantil B, 26 puntos; 5. UD Cerqueda, 23 puntos... 8. Dumbría CF, 14 puntos...