RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Catro adestramentos para Os Nosos, "con moitos quilómetros nas pernas", previos á visita ao Real Racing Club do domingo 27 ás 16:15

O Dépor, este martes con xornada de descanso, regresa este mércores 23 de abril a Abegondo para comezar a preparar a visita ao Real Racing Club, prevista para o domingo 27 de abril ás 16:15 en El Sardinero (LaLiga TV Hypermotion).

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o CD Tenerife, deixaron a Os Nosos na 11ª posición con 50 puntos.

Óscar Gilsanz lembra que "a estas alturas da temporada todos os equipos, todos os xogadores levan nas súas pernas moitos quilómetros. Ao longo da temporada sempre se vai acumulando un cansazo xeral".

Advirte o técnico deportivista que "temos un equipo moi novo, con moita xente que debuta na categoría, que se tivo que adaptar a este ritmo".

Conclúe que "levamos 36 xornadas de liga e con 36 xornadas todos os equipos, todos os xogadores teñen esa acumulación de minutos no corpo".

Baixo estas premisas, o corpo técnico disporá de 4 sesións matinais na Cidade Deportiva.

Todas arrincarán ás 11:00 fóra da do sábado, que se adianta ás 10:00 posto que ao concluír, Os Nosos viaxarán por estrada a Santander.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 23 de abril
11:00 h.

Xoves 24 de abril
11:00 h.

Venres 25 de abril
11:00 h.

Sábado 26 de abril
10:00 h.

Domingo 27 de abril
16:15: Real Racing Club - Deportivo, en El Sardinero