RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Martínez: "Quedarei co sentimento de pertencer a este Club porque nunca o esquecerei"

Pablo Martínez despediuse esta mañá na sala de prensa de Abegondo. E fíxoo, visiblemente emocionado, nun emotivo acto acompañado por todos os seus compañeiros e técnicos.

Tomou a palabra en primeiro lugar Fernando Soriano, Director de Fútbol do RC Deportivo, que subliñou "o orgullo que fuches para nosotro. No persoal, no colectivo, tanto dentro como fose fuches un exemplo. A presenza aquí de todos os teus compañeiros confirman estas palabras".

Engade que "transmitiches uns valores que nos gustaría que queden en moitos dos nosos rapaces".

Fernando Soriano definiuno como "un competidor nato. Incluso os días que non xogaba era máis competidor, primando sempre o colectivo sobre o individual que nun Club como o Dépor debe primar sempre. Grazas por sumar sempre e facelo con enerxía".

Pola súa banda, Pablo Martínez confesou sentirse "orgulloso porque vexo que deixei unha moi boa imaxe aos meus compañeiros, a todo o staff. Quedo máis con iso que cos partidos que xoguei. Sempre tentei axudar a todo o mundo. Eles tamén me axudaron moito. Sinto moi orgullos de ver a todo o mundo aquí".

Lembra que o seu primeiro ano en ABANCA-RIAZOR foi "moi difícil co play off en Castellón. O segundo ano foi marabilloso onde conseguimos o ascenso. Esta temporada creo que fixemos unha moi boa temporada, con moi bo grupo. Quedarei co sentimento de pertencer a este Club porque nunca o esquecerei. Quedará moi dentro de min".

O defensor hispano-francés lembrou a celebración en María Pita do ano pasado: "Foi espectacular. Cando a xente canta o teu nome sempre é bo. Hai moitas cousas que lembrar que quedarán sempre dentro de min".

Agradeceu finalmente ao Club porque "Fernando me recibiu para dicirme o que pensaba para o ano que vén e díxomo á cara. Iso é moito mellor".

Pablo Martínez subliñou que lle gustou continuar: "Nunca o ocultei. É a miña casa pero é o fútbol. Quedo só co bo. Pasei 3 anos incribles aquí".