RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Catro canteiráns na sesión forte do Dépor de cara ao partido en ABANCA-RIAZOR ante o FC Cartagena

O Dépor realizou esta mañá en Abegondo a sesión forte da semana de cara ao encontro deste domingo 23 de marzo ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Cartagena (LaLiga TV Hypermotion). 

Así, Óscar Gilsanz dispuxo após unha activación con roda de pases, un exercicio táctico por grupos simultáneo a unha tarefa de fútbol reducido, e un partido a tres cuartas partes de campo para concluír.

Con Escudero, Jaime, Gauto, Obrador e Mella, hoxe con traballo personalizado; e Bouldini, enfermo en casa, catro canteiráns adestráronse co primeiro equipo.

Alberto e Fabi, que non xogaron onte co Fabril en Santiago; Jaime Garrido, que saíu na segunda parte do partido no Estadio Vero Boquete e marcou ademais o terceiro gol fabrilista; e Mario Hermo (20 de febreiro de 2006, Santiago), lateral dereito do Xuvenil A, estiveron ás ordes de Óscar Gilsanz, neste último caso por primeira vez.

Mañá venres, Os Nosos están citados en Abegondo para almorzar e saltar ao céspede a partir das 11:00 horas.