RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Cinco sesións de adestramento previas á visita ao Heliodoro Rodríguez López para "insistir, traballar os erros... e a por o CD Tenerife"

O Dépor, hoxe luns con xornada de descanso, disporá de cinco sesións de traballo desde mañá martes previas á visita ao Heliodoro Rodríguez López prevista para o domingo 15 de decembro ás 21:00 (hora galega, 20:00 hora local, LaLiga TV Hypermotion) en partido correspondente á 19ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o Real Zaragoza, deixaron a Os Nosos en 15ª posición con 21 puntos.

Mario Soriano apuntaba na zona mixta de ABANCA-RIAZOR que "hai que insistir, traballar os erros... e a por o CD Tenerife".

Catro adestramentos serán matinais en Abegondo, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30 na propia instalación; e o último, o sábado 14, na Cidade Deportiva do CD Tenerife a partir das 18:00 horas (hora local).

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 10 de decembro
11:00 h., Abegondo

Mércores 11 de decembro
11:00 h., Abegondo

Xoves 12 de decembro
11:00 h., Abegondo

Venres 13 de decembro
11:00 h., Abegondo

Sábado 14 de decembro
18:00 (hora local), Cidade Deportiva do CD Tenerife

Domingo 15 de decembro
21:00 (hora galega, 20:00 hora local): CD Tenerife - Deportivo, no Heliodoro Rodríguez López