RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O equipo regresa en autocar desde Granada e adéstrase de novo o luns 18 en Abegondo

Finalizado o encontro no Nuevo Los Cármenes de Granada, Os Nosos regresan en autocar á Coruña.

Despois de 997 quilómetros e case 12 horas de viaxe durante toda a noite, Antonio Hidalgo dará descanso ao seu cadro este domingo.

Os futbolistas branquiazuis están citados o luns 18 en Abegondo para un adestramento que arrincará ás 10:30 horas.

A próxima cita en LaLiga Hypermotion será o domingo 24 de agosto ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Burgos CF.