RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Escudero pide seguir "con tranquilidade" e Mario Soriano fala de "un partido moi bo de todo o equipo"

Sergio Escudero e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta do Estadio Nuevo Los Cármenes.

O lateral zurdo deportivista, que acabou o encontro co brazalete de capitán coa substitución de Villares, afirmou que "é moi importante empezar con 3 puntos fóra de ABANCA-RIAZOR. É unha alegría inmensa porque é un partido complicado contra o Granada CF. Traballamos moi ben durante a pretemporada e estou moi contento polos meus compañeiros".

Lembra que "o máis importante é que temos 3 puntiños. Iso non nolos vai a quitar ninguén. Temos que seguir por este camiño que vai estar moi ben. Tranquilidade e partido a partido, que a Segunda División é moi longa e moi complicada".

Insiste en que quedan "moitísimas xornadas. A Segunda División é moi difícil e moi complicada. Igual un equipo saca 15 puntos faltando 10 partidos e ao final sae fóra da promoción. Hai que ir con tranquilidade e con ilusión".

Escudero pide "ser un equipo máis sólido que o ano pasado, que nos custaba máis ese aspecto. Este ano temos que mellorar iso".

Pola súa banda, Mario Soriano cre que no seu gol, primeiro do encontro, "fixemos unha xogada moi boa. Foron pases dun lado a outro, atraendo un lado, virando, circulando o balón rápido. Se facemos iso buscando xente entre liñas e levámolo fóra, rompemos e facemos moito dano. Así foi o gol. Estou feliz, primeiro partido e a seguir".

O mediapunta deportivista pensa que o Granada CF "ao final estará arriba a pesar das inscricións e de todo iso" pero "o partido foi moi bo de todo o equipo, tivemos moitísimas ocasións. Eles non tiveron moitas así que contento, a seguir, a mellorar os erros que tivemos e a reforzar as cousas que fixemos ben".

Opina que coa expulsión de Lama "controlamos o partido co balón, tivemos calma, defendemos co balón e logo nas transicións saímos moi ben con Yeremay sobre todo. Tivemos moitas ocasións. Agora hai que seguir traballando que só é o comezo, o primeiro partido, e a traballar xa o luns".

Finalmente, Mario Soriano quixo en nome do RC Deportivo "dar moito ánimo a toda a xente de Galicia polos incendios".