RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Conta atrás para o debut ligueiro de Os Nosos en ABANCA-RIAZOR, este domingo 24 ás 17:00 ante o Burgos Cf

Os Nosos, este martes con xornada de descanso, inician este mércores 20 de agosto a conta atrás para o debut ligueiro esta temporada en ABANCA-RIAZOR, este domingo 24 de agosto ás 17:00 (Dazn e LaLiga TV Hypermotion) ante o Burgos CF.

Sergio Escudero, nada máis concluír o 1-3 en Granada, cre que "hai que seguir por este camiño, que vai estar moi ben. Tranquilidade e partido a partido".

O veterano lateral deportivista asegura estar "con moitas ganas e moi ilusionado".

Antonio Hidalgo dispuxo 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con esta planificación:

Mércores 20 de agosto
10:30 h.

Xoves 21 de agosto
10:30 h.

Venres 22 de agosto
10:30 h.

Sábado 23 de agosto
10:30 h.

Domingo 24 de agosto
17:00: Deportivo - Burgos CF, en ABANCA-RIAZOR