RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dani Barcia considera que "o punto sabe a pouco co partido que fixemos" e Mario Soriano entende que "hai que valorar calquera punto nesta categoría"

Dani Barcia e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante a SD Huesca.

O central coruñés móstrase satisfeito co encontro: "non demos espazos nin opcións para correr". A pesar da boa actuación ante un rival de play-off, "o punto sabe a pouco co partido que fixemos".

O defensor queda coa actuación defensiva xa que "o máis importante é que non concedemos goles e temos que seguir así".

Por contra, Dani Barcia opina que faltou "efectividade na portería rival. Díxome Mella que fixemos 15 remates a portería por 4 deles. Se a pelota non quere entrar, que se lle vai a facer".

Pola súa banda, Mario Soriano avoga que "hai que valorar calquera punto nesta categoría".

Destaca que "o tentamos desde fóra da área porque deixaban moi poucos espazos entre liñas" e coincide con Dani Barcia en que "nos imos cun sabor un pouco agridoce".

Ademais, proponse o obxectivo "ser máis contundentes nas dúas áreas".