RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dani Barcia cre que imos por bo camiño

Dani Barcia, que portou o brazalete de capitán do Dépor na segunda metade do partido en Pasarón, atendeu aos medios informativos finalizado o segundo amigable da DéporXira Auga de Parada 2024.

O central coruñés afirmou que "estamos a adestrar todos os días moi ben e demostrando nos partidos que imos por bo camiño. Temos que seguir traballando para seguir gañando os partidos de pretemporada e chegar o mellor posible á liga".

Parella de Ximo Navarro no centro da zaga, asegurou sentirse "moi ben. Os bos xogadores xogan en calquera lado. Con Ximo lévome moi ben no vestiario e nótase tamén dentro do campo".

Preguntado polo canteirán Pablo García, Dani Barcia manifestou que "é un rapaz cunha proxección moi boa. Ten 16 anos e é un animal. Se segue traballando como o está facendo, con humildade, vai chegar moi lonxe".

A nivel individual o central deportivista tómase a pretemporada para "traballar como o fixen o ano pasado, no que os minutos que tiven fíxeno bastante ben. Este ano propóñome ter máis minutos; achegar todo o que poida ao equipo; traballar para seguir mellorando individualmente e como profesional; e axudar ao equipo, que é o máis importante".